Commons:Licenzamento

From Wikimedia Commons, the free media repository
Jump to navigation Jump to search
This page is a translated version of a page Commons:Licensing and the translation is 50% complete. Changes to the translation template, respectively the source language can be submitted through Commons:Licensing and have to be approved by a translation administrator.
Outdated translations are marked like this.
Error: This page is not currently protected. Please request protection or remove the protection template.

Shortcuts: COM:L • COM:LICENSE

Esta páxina ofrece unha vista xeral ás persoas non expertas en leis das complexas leis do copyright mediante un tutorial con exemplos. Intenta axudar a determinar se a carga de imaxes ou ficheiros multimedia é aceptable en Wikimedia Commons. Se está a buscar información sobre como reutilizar o contido de Commons na súa propia obra, vexa Commons:Reusing content outside Wikimedia.

Wikimedia Commons só acepta contido libre, isto quere dicir, imaxes e outro contido multimedia non suxeito á restricións de dereitos de autor, que poden usarse por calquera, para calquera próposito. Porén, o uso pode estar restrinxido debido a cuestións non relacionadas cós dereitos de autor, vexa Commons:Non-copyright restrictions, e a licenza pode esixir algunhas medidas especiais. Tamén existe certo material con dereitos de autor que expiraron nun país mentres que todavía aplican noutro. Os detalles disto explícanse a continuación. Wikimedia Commons tenta asegurar que calquera desas restricións se mencionen na páxina de descrición da imaxe; non obstante, é responsabilidade dos reutilizadores asegurarse que empregan estos ficheiros dacordo á súa licenza e non violan ningunha lei aplicable.

Wikimedia Commons só acepta ficheiros multimedia que:

Wikimedia Commons non acepta xustificacións de fair use: vexa Commons:fair use. Os ficheiros multimedia baixo licenzas só non comerciais tampouco se aceptan.

A licenza que se aplica a unha imaxe ou ficheiro multimedia debe indicarse claramente na páxina de descrición da imaxe mediante etiqueta de copyright. Tódala información precisa baixo esa licenza debe incluirse na páxina de descrición da imaxe. A información debe ser suficiente para que outros colaboradores poidan verificar o estado da licenza. O procedemento máis axeitado é incluir tódala información no campo resumo do formulario de carga.

Se vostede solicitou permiso ao propietario dos dereitos de autor dunha imaxe, por favor use o modelo de correo electrónico.

Introdución rápida, pero non enteiramente precisa

Licenzas aceptables

Unha licenza de dereitos de autor é un permiso formal que indica quen pode usar unha obra con dereitos de copia e cómo se pode usar. Unha licenza pode ser cedida polo posuídor dos dereitos de autor, que normalmente é o propio autor da obra (fotógrafo, pintor ou semellante).

Este debuxo explica porqué Commons non acepta licenzas "non comerciais". Faga click na imaxe para ampliala.

Todo o material con dereitos de autor en Commons (que non se atope no dominio público) debe estar liberado baixo unha licenza libre que permita específica e irrevocablemente o uso dese material para calquera propósito; escribir soamente "o material pode usarse libremente por calquera" non é suficiente. En particular, a licenza debe cumprir as seguintes condicións:

  • Debe permitir republicar e distribui-la obra.
  • Debe permitir a publicación de obras derivadas da obra.
  • Debe permitir o uso comercial da obra.
  • A licenza debe ser perpetua (sen expiración) e irrevocable.
  • Pode requirir o recoñecemento de tódolos autores/contribuíntes dunha obra.
  • Pode requirir a publicación de obras derivadas baixo a mesma licenza.
  • Pode requirir usar formatos de ficheiro de código aberto libres de restricións de dereitos dixitais (DRM).

Algunhas veces os autores desexan liberar versións de menor calidade ou resolución de imaxes ou videos baixo licenzas libres, aplicando termos máis restritivos á versións de maior calidade. Non está claro se esa distinción é legalmente aplicable, pero a política de Commons é a de respecta-las intencións do posuídor dos dereitos de autor aloxando só a versión de menor calidade.

As seguintes restricións non deben aplicar as imaxes ou ficheiros multimedia:

  • Uso só por parte da Wikimedia (as únicas excepcións baixo licenzas non libres aloxadas aquí son os logos da Wikimedia e outros deseños relacionados dos que a Wikimedia Foundation posúe os dereitos de autor).[1]
  • Uso exclusivo non comercial / con propósito educativo.
  • Uso exclusivo baixo o fair use.
  • Notificación "requirida" ao creador, no canto de solicitada, para todos ou só algúns usos.

Por exemplo, os seguintes casos xeralmente non se permiten:

  • Capturas de pantalla de software que non se atope baixo unha licenza libre. Non obstante, capturas de software baixo a licenza GPL ou calquera outra licenza semellante consideranse válidas xeralmente. Vexa Commons:Screenshots.
  • Capturas de programas de televisión/DVDs/videoxogos. Vexa Commons:Screenshots.
  • Dixitalizacións ou fotografías que reproduzan obras de arte con dereitos de autor, especialmente portadas de libros, discos musicais etc. (Non confundir con trademarks.)
  • Modelos, marcas, xoguetes e outros obxectos que representan unha obra con dereitos de autor, coma por exemplo personaxes de banda deseñada ou filmes, no canto de representar un actor en particular (sen referencias ao papel específico na obra). Vexa Commons:Obras derivadas.

Commons tamén acepta obras non protexidas por dereitos de autor (é dicir, obras no dominio público). Por favor vexa a seccións sobre o dominio público embaixo.

Para unha explicación da xustificación desta política de licenzas, vexa Commons:Licensing/Justifications.

Licenzas múltiples

Este cómic demostra a utilidade de incluír unha licenza Creative commons. Faga click para ver a imaxe a tamaño completo.

Pode atribuir tódalas licenzas que desexe a un ficheiro mentres polo menos unha delas siga os criterios de licenzas libres indicados anteriormente. Por exemplo, os ficheios baixo unha "licenza non comercial" aceptanse se tamén se atopan liberados ao mesmo tempo baixo unha licenza libre que permita o seu uso cemercial.

O licenzamento múltiple con licenzas restritivas pode ser desexable para os esquemas de licenzamento doutros proxectos. O licenzamento múltiple tamén permite aos creadores de obras derivadas liberar esas obras baixo licenzas restritivas só, se así o desexan, dando aos creadores desas obras derivadas mais liberdade para escoler a licenza a usar para liberar a súa obra. Vexa Commons:Multi-licensing.

Licenzas de uso común

Shortcut

As seguintes licenzas de uso común prefírense para os materiais publicados en Commons:

Summary of Creative Commons licenses on Wikimedia Commons
Creative Commons license icons and names Abbreviations & versions OK here? Notes
Public Domain Mark
Public Domain Mark
Public domain
CC Public Domain Mark 1.0 Generally OK Generally OK Often found on Flickr images, and considered to be freely licensed in most circumstances. - see Public Domain section below
CC0 Button
CC0 Button
Zero Public Domain, "No Rights Reserved"
CC0 OK OK
CC BY Button
CC BY Button
Attribution
CC BY (1.0 2.0 2.5 3.0 4.0)‎ OK OK
CC BY-SA Button
CC BY-SA Button
Attribution-ShareAlike
CC BY-SA (1.0 2.0 2.5 3.0 4.0)‎ OK OK
CC BY-NC Button
CC BY-NC Button
Attribution-NonCommercial
CC BY-NC (1.0 2.0 2.5 3.0 4.0)‎ Not OK Not OK
CC BY-NC-ND Button
CC BY-NC-ND Button
Attribution-NonCommercial-NoDerivs
CC BY-NC-ND (1.0 2.0 2.5 3.0 4.0)‎ Not OK Not OK
CC BY-NC-SA Button
CC BY-NC-SA Button
Attribution-NonCommercial-ShareAlike
CC BY-NC-SA (1.0 2.0 2.5 3.0 4.0)‎ Not OK Not OK
CC BY-ND Button
CC BY-ND Button
Attribution-NoDerivs
CC BY-ND (1.0 2.0 2.5 3.0 4.0)‎ Not OK Not OK
Notes on the symbols
CC BY Icon "BY"
This icon means that the image license requires attribution, as such an image is created "BY" a certain person ("BY" is not an acronym in this case).
CC SA Icon SA
This icon is for "Share Alike". It means that others may create derivative works but should publish their contributions under the same or compatible license as the original.
CC NC Icon NC
This icon refers to a "Non-Commercial" license (not allowed on Commons)
CC ND Icon ND
This icon refers to a "No-Derivatives" license (not allowed on Commons)

See Commons:Copyright tags for more licenses.

Forbidden licenses

As obras non dispoñibles baixo unha licenza que satisfaga a definición de Free Cultural Works están explícitamente non permitidas. Consulte a resolución da administración da Wikimedia Foundation sobre licenzamento para máis información.

Algúns exemplos de estados de licenzas atopados usualmente en internet, pero non permitidos en Commons, inclúen:

  • Licenzas Creative Commons Non-Commercial Only (-NC)
  • Licenzas Creative Commons No-Derivatives (-ND) licenses
  • Material sen licenza só utilizable baixo o fair use, fair dealing ou outras excepcións legais semellantes (vexa os motivos embaixo)

As licenzas non permitidas poden usarse en Commons se a obra posúe varias licenzas sendo unha delas algunha das permitidas.

If an image is not OK, consider asking the author to release their work under a free license such as CC BY (Creative Commons Attribution license), or CC BY-SA (Creative Commons Attribution-ShareAlike).

GNU Free Documentation License

Nota: A licenza GFDL non é práctica para fotografías e textos cortos, especialmente en medios impresos, xa que require a súa publicación xunto ao texto completo da licenza. Por iso é preferible a publicación da obra baixo unha licenza dobre, engadindo outra á GFDL que permita o uso da fotografía ou texto de forma máis sinxela (unha licenza Creative Commons por exemplo). Non se recomenda o uso exclusivo de licenzas GPL e LGPL para as obras propias de poder evitalo, xa que só son útiles para o licenzamento de software.

GFDL is not permitted as the only acceptable license where all of the following are true:

  • The content was licensed on or after 15 October 2018. The licensing date is considered, not the creation or upload date.
  • The content is primarily a photograph, painting, drawing, audio or video.
  • The content is not a software logo, diagram or screenshot that is extracted from a GFDL software manual.

Información da Licenza

Exemplo dunha imaxe que inclúe a información detallada recomendada (vexa a páxina da imaxe)

Tódalas páxinas de descrición en Commons deben indicar claramente baixo que licenza están publicados os materiais, e deben conter a información precisa para esa licenza (autor etc.). Asi mesmo teñen que conter información suficiente para que outros usuarios poidan verificar esa licenza aínda cando non sexa requirido pola propia licenza ou polas leis de dereitos de autor.

A seguinte información específica sempre ten que ser incluída na páxina de descrición, inlcuso se a licenza en cuestión non o require:

  • A licenza que se aplica ao material. Debe facerse empregando unha etiqueta de dereitos de autor.
  • A fonte do material. Se o usuario que carga o ficheiro é o autor, isto debe indicarse explícitamente ("Creado polo usuario", "obra propia" etc.). Se non é asi, debe incluirse unha ligazón web ou referencia completa de ser posible. Nota: As indicacións de tipo "Transferido da Wikipedia" xeralmente non se consideran coma fontes válidas agás que sexan a fonte orixinal na que se publicaron. A fonte primaria debe indicarse sempre.
  • O autor/creador da imaxe ou ficheiro multimedia. Para ficheiros multimedia no dominio público nas que os dereitos de autor xa expiraron, a data da morte do autor tamén é esencial (see a sección sobre o material no dominio público embaixo). Un marcador de licenza xenérico que implique que o usuario que carga o ficheiro é o posuidor dos dereitos de autor (exemplo:{{PD-self}}) non é substituto deste requerimento. As únicas excepcións daránse cando o autor desexe manter o seu anonimato ou en certos casos no que non se coñece o autor da obra pero existe información suficiente para demostrar que a obra reside verdadeiramente no dominio público (coma a data de creación ou publicación).

Outra información de menor importancia, pero que debe indicarse si está dispoñible:

  • A descrición da imaxe ou ficheiro multimedia. De que trata? Como se creou?
  • A data e lugar de creación. Para obras multimedia no dominio público porque os dereitos de autor expiraron, a data de creación é esencial (vexa a sección acerca do material no dominio público a continuación).

Estes puntos da descrición poden incluirse usando o marcador Information. Para o uso dese modelo vexa Commons:Primeiros pasos/Calidade e descrición.

Ámbito das licenzas

Nalgúns casos, un cocumento (ficheiro multimedia) pode presentar aspectos múltiples que poden ou deben ser licenzados: tódalas persoas que contribuíran en partes críticas da obra posúen dereitos sobre o resultado, e todas elas deben indicar que a súa contribución está dispoñible baixo unha licenza libre (vexa Obras derivadas). Porén, estas distincións non son claras e poden presentar diferenzas de país a país. Velaquí algúns exemplos:

  • Para unha gravación musical, os seguintes aspectos deben terse en conta, e cada un deles debe atoparse baixo unha licenza libre (ou no dominio público):
    • A composición da música (dereitos do compositor)
    • As letras da canción (dereitos do escritor)
    • A interpretación do tema (dereitos dos músicos)
    • A grabación (dereitos do personal técnico e compañía de gravación)
  • Para unha fotografía dunha obra de arte (incluíndo portadas de libros e demáis):
    • O creador da obra de arte orixinal ten os dereitos sobre calquer reprodución e obras derivadas da mesma.
    • O fotógrafo ten os dereitos da imaxe, se non é unha reprodución simple do orixinal.
  • Para unha imaxe dun edificio, teña en conta que o arquitecto pode poseer algúns dos dereitos se se mostran características arquitectónicas particulares, vexa Commons:Freedom of panorama.

Isto é habitualmente problemático se a obra de arte non é o contido primario da imaxe ou se non é fácilmente recoñecible. Neses caso, só o creador do ficheiro resultante posúe os dereitos de autor. Por exemplo, ao tomar unha fotografía dun grupo de persoas nun museo, a imaxe pode amosar tamén algunhas das pinturas nas paredes. Nese caso, o posuidor dos dereitos desas pinturas non se ten en conta. Porén, esta distinción non está clara. A política Commons:De minimis ten máis información sobre este concepto.

Teña en conta que a licenza para tódolos aspectos ten que ser determinada e mencionada explícitamente. Teña en conta tamén que as reproducións normalmente non están suxeitas a dereitos de autor; o creador dunha imaxe dunha pintura non posúe dereitos de autor da imaxe resultante. Os únicos dereitos de autor relevantes son os da pintura orixinal. Isto tamén aplica para capturas de pantalla.

Material no dominio público

As obras baixo licenzas coma a CC0 ou semellantes considéranse equivalentes a obras no dominio público; obras que non cumplen requisitos de orixinalidade ou edictos atópanse no dominio público. Algúns gobernos do mundo, incluíndo o Goberno Federal dos Estados Unidos e os gobernos de California e Florida liberan a maioría das súas obras, incluíndo os seus rexistros públicos no dominio público. A guia da Wikipedia en inglés sobre o material no dominio público define de forma máis precisa estas excepcións.

Commons acepta material que se atope no dominio público, documentos permitidos pola excepción anterior, ou non elexibles para dereitos de autor, ou con dereitos de autor expirados. Máis o dominio público é un concepto complexo. As leis de dereitos de autor varían entre países, polo que unha obra pode estar no dominio público nun país pero posuír dereitos de autor noutro. Existen tratados internacionais coma a Convención de Berna que definen uns estándares mínimos, pero os países individuais son libres de traspasar estes mínimos. A norma xeral a seguir é que se o creador da obra faleceu fai máis de 70 anos, a súa obra atópase no dominio público no país no que o creador era cidadán e no país no que a obra foi publicada por primeira vez. Se a obra é anónima ou colaborativa (coma unha enciclopedia), atoparáse habitualmente no dominio público 70 anos trala data de primeira publicación.

Moitos países usan este período de dereitos de autor de 70 anos. Unha excepción notable son os Estados Unidos de América. Debido a circunstancias históricas, os Estados Unidos teñen normas máis complexas. Nos Estados Unidos, os dereitos de autor teñen as seguintes duracións xerais:

  • para obras publicadas por primeira vez dende 1978 en adiante: ata 70 anos trala morte do autor. Obras anónimas ou feitas por encargo: ata a data máis corta de 95 anos dende a primeira publicación ou 120 anos dende a creación da obra
  • para obras publicadas antes de 1978: ata 95 anos despóis da primeira publicación
  • para obras publicadas antes de 1964, os dereitos de autor duran 28 anos trala publicación (e polo tanto expirados actualmente) agás que o propietario fixera unha petición de renovación (durante a ventá entre os 27 e 28 anos trala publicación), caso no que os dereitos exténdense ata 95 anos trala primeira publicación. A gran maioría de obras publicadas antes de 1964 están no dominio público, pero é imperativo determinar que os dereitos de autor non se renovaron (o que pode facerse a través dunha busca en liña na Copyright Office para obras publicadas dende 1951)
  • Obras publicadas antes de 1923 están no dominio público.

Para obras creadas antes de 1978 pero publicadas nese ano ou posteriormente, existen algunhas regras especiais. Estos termos tamén aplican nos Estados Unidos para obras extranxeiras.

Aínda con isto, o ano e lugar da publicación son esenciais. En varios países, o material publicado antes dun certo ano está no dominio público. Nos Estados Unidos, esta data é o 1 de xaneiro de 1923. Noutros países, tódo o material publicado polo goberno está no dominio público, mentres que outros gobernos reservan algúns dereitos de autor (vexa Commons:Copyright rules by territory).

Nos Estados Unidos de América, a situación de dereitos de autor para gravacións de audio (incluíndo aquelas publicadas antes de 1923) é un caso especial complexo. As gravacións feitas antes do 15 de febreiro de 1972 poden ter dereitos de autor baixo a lei común ou estatal que non sempre teñen as mesmas formalidades e limitacións que as leis federais. Máis detalles disto atópanse dispoñibles na páxina de conversa de {{PD-US-record}} e este informe Wikilegal.

  • Recordings that were first published prior to 1923 entered the public domain on January 1, 2022.
  • Recordings that were first published between 1923 and 1946 are copyrighted for a period of 100 years after first publication.
  • Recordings that were first published between 1947 and 1956 are copyrighted for a period of 110 years after first publication.
  • Recordings that were published after 1956 and first fixed prior to February 15, 1972 will enter the public domain on February 15, 2067.

Sound recordings that were first fixed on or after February 15, 1972 are subject to the same US copyright law term lengths and provisions as other works.

Nalgunhas xurisdiccións (coma os Estados Unidos), pódese doar explícitamente as obras propias ao dominio público. Noutros lugares (coma na Unión Europea) isto non é técnicamente posible; no seu lugar, pódese conceder o dereito de uso libre da obra con, por exemplo, o Creative Commons Zero Waiver, que dispensa tódolos dereitos de autor, pero a exención pode non ser legalmente constituínte do que normalmente se considera "dominio público" (vexa Dereitos morais do autor).

A gráfica Hirtle é unha ferramenta para axudar a determinar se algo se atopa no dominio público nos Estados Unidos. Commons:International copyright quick reference guide axuda a determinar se unha obra publicada por primeira vez fóra dos Estados Unidos pode cargarse.

Interacción das leis de dereitos de autor dos Estados Unidos e outros países

En Commons considérase que tódalas reproducións fieis da "Mona Lisa" están baixo o dominio público. Vexa "Excepción" no texto para detalles.

Commons é un proxecto internacional, pero os seus servidores localízanse nos Estados Unidos de América, e o seu contido debe ser altamente reutilizable. As cargas de obras non estadounidenses normalmente só se permiten se a obra está ou ben no dominio público, ou ben cuberta baixo unha licenza libre válida nos Estados Unidos e no país de orixe da obra. O "país de orixe" dunha obra considérase xeralmente o país onde se publicou dita obra por primeira vez.[2]

Ao cargar obras dende un país que non sexa os Estados Unidos de América, aplicanse por norma as leis de dereitos de autor dese páis e tamén dos Estados Unidos. Se a orixe do material é unha páxina web de terceiros, aplicaranse as leis dos Estados Unidos, as do país de residencia da persoa que carga o ficheiro e as do país onde se aloxen os servidores web da páxina de orixe. Calquera licenza de uso do material debe ser válida en tódalas xurisdicións relevantes. Se o material está no dominio público, debe atoparse no dominio público en todas esas xurisdicións (máis no país de orixe da obra) para que se permita a súa carga en Commons.

Por exemplo, se unha persoa no Reino Unido carga un ficheiro en Commons sendo a orixe deste ficheiro unha páxina web francesa, a carga debe cumprir as leis de dereitos de autor do Reino Unido, Francia e os Estados Unidos de América. No mesmo caso, se a orixe é unha fotografía, debe estar no dominio público en Francia, Reino Unido e nos Estados Unidos ou estar baixo unha licenza aceptable nos tres países.

Excepción: As reproducións fieis de obras de arte bidimensionais (coma por exemplo pinturas) que se atopen no dominio público son unha excepción a esta regra. En xullo de 2008, seguindo unha aclaración das políticas da WMF, en Commons estableceuse que tódalas fotografías que cumplen esa condición considéranse aceptadas no dominio público independentemente do seu país de orixe, e deben ser etiquetadas cun aviso. Para máis detalles, vexa Commons:When to use the PD-Art tag.

Lei dos Acordos da Ronda do Uruguai

Páxina principal: Commons:URAA-restored copyrights

A Lei dos Acordos da Ronda do Uruguai (URAA nas súas siglas en inglés) é unha lei que restaurou os dereitos de autor nos Estados Unidos para obras extranxeiras que aínda posuían eses dereitos nos países de orixe, tomando a data do acordo que foi o 1 de xaneiro de 1996. Isto significa que moitas obras pasaron a ter dereitos de autor nos Estados Unidos aínda que estiveran no dominio público nese país antes desa data. Véxa tamén: Wikipedia:Non-U.S. copyrights.

A constitucionalidade desta lei foi levada ás cortes, polo que Commons permitíu inicalmente cargar imaxes que estaban no dominio publico nos Estados Unidos pero estiveran afectadas polo URAA. Porén, a constitucionalidade deste acordo foi reafirmada pola Corte Suprema dos Estados Unidos en Golan v. Holder. Tras Template:Pg link, determinouse que os ficheiros afectados non se eliminarían en masa máis serían revisados indiviualmente. Unha There was discusión posterior sobre o mellor método de revisión para estes ficheiros resultou na creación do Commons:WikiProject Public Domain.

Os arquivos afectados polo URAA deben etiquetarse con {{Not-PD-US-URAA}}.

Os ficheiros nomeados para a súa eliminación debido ao URAA deben evaluarse con coidado, ao igual que o seu estado de dereitos de autor baixo as leis de Estados Unidos e locais. Unha mera alegación que indique que a URAA aplica a un ficheiro non pode ser o único motivo para a súa eliminación. Se o resultado final da avaliación de dereitos é unha dúbida significativa sobre a liberdade do ficheiro baixo as leis locais ou dos Estados Unidos, o ficheiro debe eliminarse seguindo a liña do principio de precaución.

Old orphan works

Old orphan works are accepted, provided that

  • the works were created before 1929;
  • or, the works were created before the pma duration (required years after the author's death) in the country of origin, which would satisfy {{PD-1996}} if published at the time of creation (e.g. works created before 1946 for 50 years pma countries, if the URAA date is 1996).

PD 1.0 and Flickr

CC Public Domain Icon

The Creative Commons Public Domain 1.0 mark (PDM) is often applied to images on photography websites such as Flickr.com, and is not a license. Despite this, the community found that when a user applies PDM to their own work, they are releasing their work to be in the public domain, and these works are believed to be freely licensed. For further information, see Accept files published by the copyright holder with a Public Domain Mark.

O Fair use non está permitido en Commons

Wikimedia Commons non acepta contido baixo o fair use. Vexa Commons:Fair use.

Obras derivadas

Esta montaxe é un exemplo dunha obra derivada. Combina varias imaxes xa existentes liberadas baixo a licenza GFDL e outras licenzas compatibles para contidos libres.

Quere unha imaxe de Mickey Mouse, pero está claro que non pode escaneala sen máis. Por que non tomar unha foto dun boneco e cargala? Non o faga. O motivo polo cal non pode cargar fotografías de ditos boneco é que se consideran obras derivadas. Este tipo de obras non poden publicarse sen permiso do creador orixinal.

A Lei de Dereitos de Autor dos Estados Unidos de 1976, na súa sección 101, afirma: "Unha obra derivada é unha obra basada nunha ou máis obras xa existentes, por medio de tradución, arranxo musical, dramatización, tratamento de ficción, versión en filme, gravación de audio, reprodución de arte, abreviación, condensación, ou calquera outra forma na que a obra poda retransmitirse, transformarse ou adaptarse. Unha obra que consista en revisións editoriais, anotacións, elaboracións ou outras modificacións que no seu conxunto representan unha obra orixinal con autoría, é unha “obra derivada”." Unha fotografía dun obxecto con dereitos de autor considérase unha obra derivada na xurisdición dos Estados Unidos. A Lei de Dereitos de Autor dos Estados Unidos de 1976, na súa sección 106, afirma: "(...) O posuídor dos dereitos de autor baixo ese título ten os dereitos exclusivos para facer e autorizar calquera dos seguintes: (...) (2) preparar obras derivadas basadas na obra con dereitos de autor;"

Polo tanto, as obras derivadas "non autorizadas", coma fotografías de figuras de acción, bonecos etc., deben eliminarse. Para máis información, vexa Commons:Obras derivadas.

Excepción: Os chamados artigos de utilidade, obxectos cunha función utilitaria intrínseca, aínda sendo deseños comerciais non están suxeitos aos dereitos de autor nos Estados Unidos. Desta forma, as imaxes destes obxectos non se consideran obras derivadas baixo as leis dos Estados Unidos. Para detalles sobre esta execpción e a súa aplicabilidade, vexa W:Mazer v. Stein e {{Useful-object-US}}.

Deseño sinxelo

Logotipo de Microsoft: {{PD-textlogo}}

A maioría das marcas, obxectos e elementos comerciais están protexidos por leis de propiedade intelectual dunha forma ou outra, pero os dereitos de autor son só unha desas proteccións. É importante facer distinción entre dereitos de autor, marcas rexistradas e patentes. Xeralmente, Wikimedia Commons só aplica restriccións de dereitos de autor polos seguintes motivos:

  1. Case calquera cousa pode rexistrarse como marca rexistrada, e non ten sentido prohibir todo.
  2. As restricións de marcas rexistradas e deseños industriais son pertinentes para a reprodución industrial, pero as fotografías dos obxectos en sí poden reproducirse libremente.

→ Por estos motivos Commons acepta calquera marca rexistrada que teña dereitos de autor expirados. A maiores, Commons acepta imaxes de texto nunha fonte tipográfica xeral e de formas xeometricas sinxelas, aínda que sexa un logo rexistrado recentemente, nas bases de que dita imaxe non é suficientemente creativa para que os dereitos de autor sexan pertinentes.[3] Este tipo de imaxes deben etiquetarse con {{PD-ineligible}} ou unha das etiquetas máis específicas (por exemplo {{PD-textlogo}} para logotipos sinxelos).

As renderizacións de tipo Raster (é dicir, imaxes PNG) de deseños sinxelos sen dereitos de autor poden considerarse elas mesmas sen dereitos de autor. Para imaxes vectoriais (é dicir, ficheiros SVG) de deseños sinxelos sen dereitos de autor, a cuestión de se a representación vectorial posúe os seus propios dereitos de autor é menos clara. Vexa a información sobre dereitos de autor en fontes tipográficas da Wikipedia en inglés e apáxina de conversa de {{PD-textlogo}} para máis información.

Adoita ser moi dificil determinar se un deseño está protexido por dereitos de autor ou non, e as imaxes deste tipo adoitan nomearse para a súa eliminación, con resultados variados. Vexa Commons:Threshold of originality e/ou “Threshold of originality” (na Wikipedia en inglés) para unha orientación no tema.

Fontes tipográficas

"COM:FONT" redirects here. For the fonts available for SVG rendering, see meta:SVG fonts.

A renderización de tipo raster dunha fonte tipográfica non está suxeita a dereitos de autor nos Estados Unidos e polo tanto atópase no dominio público. Pode ter dereitos de autor noutros países (vexa Propiedade intelectual das fontes tipográficas na Wikipedia en inglés), caso no que se debe empregar {{PD-font}}.

Outras regras sobre dereitos de autor

Información adiciónal sobre a aplicación de normas de dereitos de autor pode atoparse en:

Véxase tamén


Véxase tamén

Notas

  1. O debate sobre estas excepcións tivo lugar en Commons:Alter Wikimedia Commons policy to allow Wikimedia logos, gardada actualmente coma referencia histórica.
  2. In cases where a work is simultaneously published in multiple countries, the "country of origin" is the country which grants the shortest term of copyright protection, per the Berne Convention.
  3. Vexa Ets-Hokin v. Skyy Spirits Inc onde se decidíu que a botella de vodka SKYY e o seu logo non podían estar protexidos por dereitos de autor.

Ligazóns externas

Other: